8/4/14

IllustrActiva: a montaxe


Unhas horas antes da inauguración de IllustrActiva, Xosé Cobas estivo montando a exposición. 


Sobre un deseño espacial en semicírculo, dispuxo un percorrido visual sobre a obras expostas. Comézase sobre uns óleos con claras alusións á súa infancia, e á guerra de Iugoslavia, para logo continuar coas referencias á historia da arte (Andrew Wyeth e a súa obra “O mundo de Cristina) e orixinais de obra xa publicada: Galego de Juan Farias, Un rato díxolle á lúa, Petando nas portas de Dylan e As palabras están a mirarse arredor da mesa de Antonio García Teijeiro. Tamén había unha representación da nova tradución de Memorias dun campesiño labrego editada por Kalandraka. E, como non, varias ilustracións de A pantasma da Casa da Mantanza de Miro Villar que foi premiado como o mellor libro galego ilustrado de literatura xuvenil de 2013. 

 Remata a exposición con catro orixinais da obra Paxaro de mar e vento de Tucho Calvo. Esta obra serviu como base para o traballo do alumnado das escolas de Primaria: CEIP Portofaro e O Graxal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario