23/6/14

Exposición do alumnado

Despois de devolver as pezas a Manolo Paz e debido á súa insistencia para que os traballos do alumnado do IES acadaran un maior protagonismo, empregouse o recibidor do instituto para facer unha pequena instalación cos traballos dos nosos alumnos e alumnas.
 
 





30/5/14

Manolo Paz: visita á súa Fundación

Despois duns días moi intensos (montaxe dunha exposición, inauguración, compartir moitas horas nos centros educativos de Cambre) e como remate do proxecto "Obxectos da Terra" dentro do Programa "Arte na Escola", visitamos a Fundación Manolo Paz en Cambados. Un espazo espectacular, cheo de arte e de tranquilidade onde a presenza de Manolo e Xulia invade de agarimo o estado de ánimo do visitante. Moitas grazas, benqueridos.

27/5/14

Manolo Paz: "Obxectos da Terra"

Despois de dous meses de preparación, moitas voltas sobre o espazo da exposición, finalmente entre os días 26 e 30 de maio, no recibidor do IES Afonso X O Sabio, tivemos a honra de expoñer catro pezas de Manolo Paz enmarcadas por tres grandes fotografías dalgunhas das súas obras máis senlleiras.







26/5/14

Inauguración de "Obxectos da Terra" de Manolo Paz

O pasado 26 de Maio inaugurouse oficialmente a exposición “Obxectos da terra” de Manolo Paz, con asistencia de representantes do Concello, profesorado e alumnado participante no Proxecto “ Arte na Escola” e amantes da arte.

A exposición constaba de varias zonas diferenciadas, no recibidor de IES Afonso X podíase apreciar unha instalación ideada polo artista especialmente para este espazo, constaba de catro pezas de granito negro de Campolameiro con peana de madeira, de tamaño relativamente pequeno: Tres das pezas eran da serie “Contenido”, e a cuarta era “Campo de arroz”. As catro pezas ocupaban o espazo central , rodeadas por 3 grandes lonas con imaxes de varias das máis representativas obras do autor: “Familia de Menhires” , “Penúltima cea” , e “Cordas de batea” . O conxunto invitaba a mergullarse nos mundos de Manolo Paz para gozar e profundar no coñecemento da súa obra.

Polos corredores da planta baixa o alumnado do instituto dispuxo infinitas variacións dunha das pezas máis xeométricas do autor: “Colmena” ou a de “Formas no aire”. Os aprendices de escultores desenrolaron toda a súa imaxinación investigando cas tres dimensións, os materiais que ían desde o cartón, ata a espuma de poliuretano expandido, ou o pan de molde, a madeira, a goma- Eva, etc. Os traballos máis etéreos ou lixeiros penduraban do teito da cafetería. Tamén na cafetería puido verse uns poemas inspirados nas formas xeométricas dun poeta da Bretaña francesa. O alumnado de 1º Bacharelato debuxou as formas xeométricas, e fixo a tradución do francés ó galego.

Por outra banda na pantalla do recibidor proxectouse o vídeo “Un mar de pedra” que exhibe o traballo diario dende a canteira ata a sala de exposicións da galería de arte, dirixido por Manu Paz e Xacobo Sanmartín.

Na biblioteca do instituto se podía estudar as distintas variedades de granitos que un grupo de alumnos de 4º de ESO preparou na materia de Bioloxía e Xeoloxía, tamén había unha exposición de catálogos e documentos sobre a obra de Manolo Paz.

Tras os discursos institucionais, dúas alumnas cantaron unha emocionante canción galega en honor do protagonista da velada, que respondeu con agradecementos e comentando tanto a súa obra exposta, como as súas impresións sobre os traballos dos nenos.

O acto finalizou ca degustación dun aperitivo e a visita por libre polos diferentes espazos por parte dos invitados.

25/5/14

Manolo Paz: Inauguración


Traballando o mar

OO alumnado de 4º PDC (1) fixo a súa aportación á exposición adicada ao ilustrador Xosé Cobas, levando a cabo as seguintes actividades insertas nunha Unidade Didáctica que desenvolvimos na aula:

Partiron da lectura de fragmentos da novela A illa de todas as illas de Xabier DoCampo, ilustrada por Xosé Cobas, e indagaron nos referentes e fontes literarias do autor. Recoñeceron o concepto de intertextualidade.

Analizaron e comentaron as ilustracións do artista.  Un novo palabro: a interdiscursividade!!!

Chegou a hora de compoñer textos e optaron por crear breves textos poéticos: metáforas, caligramas, greguerías… inspirados en elementos mariños. Expuxeron o produto deste proceso creativo dun xeito “diferente”.



Buscaron, leron e seleccionaron poemas relacionados co mar (centraron a súa selección en poetas da Generación do 27 e en Juan Ramón Jiménez, autores cos que estabamos a traballar na clase).

Presentaron de maneira creativa a antoloxía poética: cada poema imprimiuse en papel decorado con fondo de imaxes mariñas e introducíronos nunhas botellas. Dispuxeron, logo, as botellas coas menaxes poéticas sobre un leito de area de mar.


Manolo Paz escultor

Neste mes de maio estivemos a traballar a obra de Manolo Paz. Velaquí a presentación elaborada para dar a coñecer a súa obra ao alumando:

19/4/14

Xosé Cobas no CEIP Portofaro


Dentro das actividades do proxecto "Arte na Escola" o ilustrador e deseñador gráfico Xosé Cobas compartiu unas horas co alumnado de sexto curso e coas súas titoras. Previamente Xosé Cobas estivo estudando os traballos realizados polos rapaces e rapazas que tiñan por obxectivo ilustrar o libro Paxaro de mar e vento parágrafo a parágrafo. O álbum está escrito por Tucho Calvo e  ilustrado por Xosé Cobas.


Despois de visitar, estudar e analizar o traballo do alumnado, o noso ilustrador compartiu o seu tempo cos rapaces e rapazas para explicarlles o proceso creativo das ilustracións que compoñen o álbum. Posteriormente foi sometido a unha longa sesión de preguntas ás que puxo remate o timbre de remate das actividades lectivas.

14/4/14

Xosé Cobas co alumado do IES Afonso X


O pasado día de abril, o ilustrador e deseñador gráfico Xosé Cobas compartiu unha tarde co alumnado do IES Afonso X O Sabio para explicarlles como se enfronta ao seu traballo de ilustrar os textos que lle solicitan.

Mentres falaba das diversas técnicas que emprega ,foi elaborando unha fermosa historia que ilustrou con catro  obras.


Como sorpresa final, sorteou unha das obras realizadas entre o alumnado participante.

Á semana seguinte, regresou ao IES para falar do seu traballo como deseñador gráfico. Que luxo.

12/4/14

Inauguración da exposición IllustrActiva de Xosé Cobas


O pasado día… puxemos en marcha o proxecto “Arte na Escola” coa inauguración da exposición IllustrActiva de Xosé Cobas no IES.

Ao acto asistiron autoridades municipais, educativas e xentes do eido da literatura infantil e xuvenil ademais de, por suposto, alumnos e alumnas do IES así como docentes participantes no proxecto, tanto do instituto como dos CEIP Graxal e Portofaro.

Tras unas verbas de salutación e benvida, tomou a palabra a concelleira de Educación, o director do IES e, finalmente, Xosé Cobas quen tivo a ben facer un percorrido explicativo pola súa obra.

Despis dunha breve e fermosa peza musical, fixemos un percorrido polos traballos do alumnado que tiñan como eixe central o tema do mar, proposto por Xosé Cobas.


Rematamos compartindo uns minutos ao redor duns pinchos.

10/4/14

Xosé Cobas: obra ilustrada

Como unha forma de saber algo máis a obra de Xosé Cobas, elaboramos a seguinte presentación para coñecer algúns dos máis de cen libros ilustrados por este artista.

8/4/14

IllustrActiva: a montaxe


Unhas horas antes da inauguración de IllustrActiva, Xosé Cobas estivo montando a exposición. 


Sobre un deseño espacial en semicírculo, dispuxo un percorrido visual sobre a obras expostas. Comézase sobre uns óleos con claras alusións á súa infancia, e á guerra de Iugoslavia, para logo continuar coas referencias á historia da arte (Andrew Wyeth e a súa obra “O mundo de Cristina) e orixinais de obra xa publicada: Galego de Juan Farias, Un rato díxolle á lúa, Petando nas portas de Dylan e As palabras están a mirarse arredor da mesa de Antonio García Teijeiro. Tamén había unha representación da nova tradución de Memorias dun campesiño labrego editada por Kalandraka. E, como non, varias ilustracións de A pantasma da Casa da Mantanza de Miro Villar que foi premiado como o mellor libro galego ilustrado de literatura xuvenil de 2013. 

 Remata a exposición con catro orixinais da obra Paxaro de mar e vento de Tucho Calvo. Esta obra serviu como base para o traballo do alumnado das escolas de Primaria: CEIP Portofaro e O Graxal.

17/3/14

Logo de Arte na Escola





Como bo proxecto, e máis estando relaicionado coa arte, cumpría ten un logo identificativo.

  Tras varias xornadas de traballo do alumnado participante, o xurado, composto por alumnos e alumnas e docentes escolleu o deseño proposto por Daniel Alcalde, a quen lle fixemos entrega dun pequeno agasallo na súa aula.

10/3/14

Xuntanzas preparatorias con Xosé Cobas

Para poñer en marcha o proxecto “Arte na Escola” contamos coa colaboración de Xosé Cobas con quen participamos en varias xuntanzas de traballo. 

En primeiro lugar estivemos no CEIP O Graxal, onde recibimos a entusiástica acollida das compañeiras.  Os grupos que van traballar van desde Infantil ata 6º de Primaria. Cobas propúxolles varios temas en función das idades. Ficaron encantadas e nós intranquilos por tanto entusiasmo. Seremos quen de non defraudar?

Tamén estivemos no CEIP Portofaron coas tres titoras de 6º. Xosé Cobas expuxo as súas ideas que foron acollidas moi favorablemente polas tres compañeiras.

E, finalmente, tamén estivemos no IES Afonso X.